miércoles, 31 de diciembre de 2008

De inocentes e xenocidas

Palestina desángrase. Mentres en occidente estamos mercando regalos, desfrutando do nadal as bombas sionistas están masacrando unha poboación oprimida pola historia. O meu corazón, nesta noite na que os Merkava están quentando motores para invadir e ocupar un territorio independente, está con todos eles, víctimas inocentes dun Estado terrorista.

A miña reflexión vai sobre todo cara a hipocresía do mundo enteiro. Mundo que se estremeceu fai 63 anos co descubrimento dos campos de exterminio nazis e que agora prefire mirar cara outro lado mentres un Estado delincuente asesina dia tras día a cidadáns, ben con bombas, ben de fame. Tentan convertir Gaza nun ghetto, como aquel de Varsovia onde pereceron tantos e tantos xudeus. Tentan matar de fame a unha marea humana polo feito de poboar un territorio que lles é propio, como os alemáns gasearon compatriotas destes sionistas na IIª Guerra. Tentan avasallar con carros de combate ás lexítimas aspiracións de independencia dos territorios palestinos, imitando ó proceder da blitztrieg dos Panzer xermanos. Son os novos nazis do século XXI.

E igual que os europeos en 1938 deixaron via libre a Hitler para cometer atrocidades, agora os cobardes gobernos mundiais, cunha mestura de desdén, interés e vergoña polo pasado, deixan ó Tsahal tinguir de vermello o ocre deserto en Oriente próximo, co sangue palestino. ¿Qué diferencia existe entre o exterminio kurdo de Sadam Hussein e o exterminio xudeu de Olmert, Barak e compañía? ¿Cantos mortos máis fan falla para que o mundo sinale o seu horror cara o asesinato masivo que perpetra Israel? ¿Por qué uns mortos valen máis que outros? ¿Por qué é lexítimo e tan barato matar a otros humanos?

Este alegato só responde á rabia interna que sinto. Rabia por ser europeo. Rabia por ser cidadán deste mundo inxusto. Rabia porque uns xenocidas levan 63 anos aproveitando o sangue derramado por millóns de xudeus para cometer mil atropelos ós dereitos humanos. Rabia porque ningún goberno de occidente, do que se di "mundo libre", é valente para denunciar este crimen. Rabia porque miles de palestinos están morrendo polo feito de nacer nunha terra equivocada.

Deixo unha letra de Silvio Rodríguez que hoxe reflexa máis que nunca o que sinto por dentro. Boas noites e boa sorte.

Días y flores - Silvio Rodríguez

Si me levanto temprano
fresco y curado
claro y feliz
y te digo: voy al bosque
para aliviarme de tí
sabes que dentro tengo un tesoro
que me llega a la raíz.

Si luego vuelvo cargado
con muchas flores
y mucho color
y te pongo en la risa
en la ternura, en la voz
es que he mojado en flor mi camisa
para teñir tu sudor.

Pero si un día me demoro
no te impacientes
ya volveré mas tarde
será que a la mas profunda alegría
me habrá seguido la rabia ese día
la rabia simple del hombre silvestre
la rabia bomba, la rabia de muerte
la rabia imperio asesino de niños
la rabia se me ha podrido el cariño,
la rabia madre, por Dios, tengo frío
la rabia es mío, eso es mío, solo mío,
la rabia bebo pero no me mojo
la rabia miedo a perder el manojo,
la rabia hijo, zapato de tierra
la rabia dame o te hago la guerra,
la rabia todo tiene su momento
la rabia el grito se lo lleva el viento,
la rabia el oro sobre la conciencia
la rabia coño, paciencia, paciencia
la rabia es... mi vocación.

Si hay días que vuelvo cansado
sucio de tiempo
sin para amor
es que regreso del mundo
no del bosque, no del sol
en estos días, compañera,
ponte alma nueva
para mi más bella flor.

miércoles, 24 de diciembre de 2008

Cando se acenden as luces

Nesa noite apareceches. Na escuridade, só rota polas luces intermitentes, e ca música bombardeando os oídos, co alcol mesturándose co sangue en proporcións descoñecidas, a excitación fai bombear forte o corazón, mentres me deixo levar polo ambiente, entregándome ó baile rítmico. Onde todo o imaxinario é real.

Xa todo da igual. O mañá non existe, e por uns intres síntome verdadeiramente libre, sen esa carga diaria que me aplasta cun peso incrible. Poderíase dicir que así son feliz, sen pensar en nada máis que o que está ocorrendo agora.

E de repente atópote onda min, movéndote dun lado a outro, coa armonía ás veces perdida pero sempre con ese atractivo. ¿Qué dicir se non me vas a oír? ¿Qué facer? ¿Qué? Preguntas inútiles mentres achegas a túa man e bailamos xuntos a ritmo. O teu sorriso é tan enigmático, tan seductor, tan bonito... os xestos son máis precisos que as palabras cando os sentidos están tan atarefados e á vez tan aturdidos.

Sinto esa liberdade e esa excitación xunto a ti, que quero que esta canción e esta noite non remate nunca, pero de repente acéndense as luces, e a maxia da paso á realidade. Unha realidade dun domingo á mañá.