Ola a todos de novo,
Cando vexo que dende o 11 de xullo non escribía, extrañoume. E non por crer que escribira máis, senón polo rápido que se me pasou este verán. A pesares de todo o traballo e esforzo que tiven que dedicar para sacar adiante o meu Proxecto Técnico (si, así en maiúsculas, como mandan os cánones), este verán serviume para coñecer a unha persoa marabillosa, que me axuda día a día, me escoita, me comprende (os que me coñecedes sabedes que isto é ben difícil) e sobre todo, está ahi cando se lle necesita. Gracias Sonia, por ser como eres.
Por iso, foi un dos mellores veráns dos últimos anos, a verdade. Agora hai que rematar o citado PT, expoñelo e repoñerme deste atracón matemático bastante contundente. Sei de todos xeitos que disfrutarei cando me toque presentalo ante o tribunal, pois ainda que persoalmente non considere que mereza a pena tanto esforzo, o orgullo dun traballo ben feito sembre se vive cando se está enriba da tarima. Aproveito para convidar a todo aquel que queira asistir, a aturar arredor dunha hora de matrices, inversas e precondicionadores.
¿E agora? Pois toca PFC. O meu famoso xa "Aparcamento subterráneo en Chantada". En fin, que non teño ganas de poñerme a facelo, pero cómpre un impluso xa definitivo para rematar a carreira. Asi que dentro duns meses espero ter rematada esta apasionante carreira (esto vai sen retranca, que conste).
Así que acabo de darvos unha actualización da moña vida: con moza, moito traballo a curto prazo e as mesmas incertidumes dos últimos meses. Como digo moitas veces, agardo que se vaian despexando a medida que tome decisións. E desexo non trabucarme.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada