viernes, 11 de julio de 2008

De certezas e sorpresas (da vida)

Boa noite de verán,

Hoxe deixei un título quizais un pouco enigmático, pero de seguro que o ides entender. Cando un vai pasando por diferentes fases da vida crese que se coñece moi ben. Crese que detecta cada cambio e variación que ocorre na súa personalidade, pero de repente toda esa creencia dase de bruces coa realidade. Ás veces esa realidade é triste, pero outras, en cambio, é satisfactoria.

Sempre pensei que nestes dous anos de inestabilidade e de vida máis ou menos en solitario, se endurecera o meu carácter. Pensei que todo isto me xenerara moita xenreira, mala estampa e me volvera peor persoa. Pensei que non ía a volver a desprenderme dese escudo protector ante a incertidume e a dor. Pois non, non e non.

Debe ser que é máis complicado do que un se cre nun principio cambiarse, ou simplemente que un idiota bonachón sempre o será a pesar dos pesares. Non o sei, pero o caso é que ser así dache moitos momentos de tristura e dores de cabeza, pero tamén momentos inigualables, onde che tremen tódolos ósos do corpo e que merecen a pena ser vividos. Máis ben, eses momentos polos que a vida ten sentido e que nos fan sentirnos realmente vivos, ainda que sexa moi de vez en cando e esporádicamente.

Quédame unha entrada curta, pero unha entrada onde reflexo o que hoxe en día creo. Quero pensar agora que o tempo da experiencia, pero non cambia o importante, que permanece e que se convirte no noso sino. Desexo de verdade recordar isto moito tempo, para que nas noites de escuridade quede sempre acesa a luz da esperanza, a luz que nos fai manternos rectos no camiño.

soando: "El Viaje" de Alejandro Amenábar