martes, 5 de febrero de 2008

Os dez mandamentos laicos

Sinto plaxiar a Gaspar Llamazares, pero estou tan tan de acordo con él (ainda que só sexa nisto) que non puiden resistir a tentación:

DECÁLOGO PARA UN VERDADEIRO ESTADO ACONFESIONAL

1.- Denuncia e revisión dos acordos coa Santa Sede (eu diría que fin do Concordato...)

2.- Saída da relixión das escolas. As aulas deben ser para a educación e as igrexas e mezquitas para as crenzas.

3.- Revisión da política de concertos educativos. Fin da selección clasista do alumnado.

4.- Autofinanciación da Igrexa. Revisión (por qué non ELIMINACIÓN) dos privilexios económico-fiscais.

5.- Nova Lei de Crenzas e derogación da Lei de Liberdade Relixiosa.

6.- Novo Regulamento laico do ceremonial de toma de posesión na Administración e institucións públicas.

7.- Nova Lei do dereito á Interrupción Voluntaria do Embarazo (Lei de prazos).

8.- Nova Lei de coidados paliativos e "morte digna".

9.- Desenrolo efectivo da Lei de Memoia Histórica. Retirada de toda simboloxía franquista das igrexas (Val dos Caídos).

10.- Regulamentación e apertura dun Rexistro da Apostasía.

Penso que en determiandos puntos se quedou curto. Hai que camiñar cara a completa desvinculación de Igrexa da vida civil. As crenzas deben pasar a ser un asunto puramente persoal, sen interferir na vida dos que non as compartimos. Deben regulamentarse as cerimonias de carácter civil, sustitutorias dos tradicionais Sacramentos da Igrexa Católica, dende o bautizo civil (como un acto de benvida da comunidade ó novo cidadán), ata o funeral civil. Debe procederse sen falla á anulación das vantaxes fiscais das que goza a igrexa, e gravar os cuantiosos beneficios que obtén, do mesmo xeito que o resto de asociacións. Abogo por unha negociación para incluír a propiedade das igrexas e mezquitas de interese cultural nun consorcio controlado polo Estado (devolverlle ó pobo o que é do pobo). En resumo, divorciar a Igrexa da vida oficial e compensar 2000 anos de inxustizas.

AMÉN