jueves, 28 de febrero de 2008

De dúbidas electorais

Boa noite,

Antes de nada, prégolles desculpas ós meus lectores, pois levaba un parón de escribir bastante prolongado. Varias circunstancias fixeron que a miña mente non estivera precisamente na reflexión pausada que a escrita esixe.

Logo disto, ó que iba. De novo voltamos a ter unha cita coas urnas, neste caso para elexir os nosos representantes en Madrid. Os máis fieis dos meus pacientes lectores recordarán certa entrada que incluín con motivo das eleccións municipais, nas que abogaba polo voto en branco a as miñas dúbidas respecto as opcións a elixir. Pois desta volta, as inquietudes son as mesmas e as opcións igual de escuras. Paso a repasar:

Por un lado temos un partido que opta a reelección. Se ben tivo grandes acertos, sobre todo de índole social e o diálogo para rematar coa lacra terrorista, é certo que con Galicia non se portou nada ben. Aínda teño eu que ver cando por fin teremos as infraestructuras que o noso país necesita, cando os nosos estaleiros poderán producir barcos, cando se tomarán medidas para darlle un pulo ó noso sistema productivo... en fin, que non se está a notar a cohabitación de goberno socialista en Madrid e en Santiago e están a facernos perder de novo, coma tantas veces ó longo da historia, o tren do progreso.

Por outra banda temos a un partido sentado na crispación, no terror, no medo, na violencia e na descalificación. Un partido que non propón, senón que insulta. Que non rebate, senón que agrede. Un partido botado ó monte dende que fai catro anos, os cidadáns o levaron á oposición. Realmente, para alguén sociolóxicamente de dereita, pero tolerante e dialogante, votarlle a este partido é imposible. Esperemos que logo catro anos máis na oposición podan mudar de dirixentes e se fagan unha alternativa real e creíble de poder.

Por último, poño ós últimos. Este non é un partido, é un bloque, unha banda. Unha banda formada en gran parte polos refugallos que quedaron da Guerra Fría, axentes estalinistas que interpretan o poder como unha fábrica clientelista, que lle venden os seus votos ó mellor postor, manipuladores, vendedores de fume e chantaxistas en potencia. Esta xente é un perigo e espero de corazón que se queden sen representación en Madrid.

Así que vendo o panorama pois aínda estou dubidando. Non sei se volver a optar polo voto útil como instrumento para evitar a ascensión deste PP ó poder ou deixarme levar polas conviccións propias e votar en branco.

Eu mentres, agardo que dunha vez por todas se conciba unha alternativa real de galeguismo centrista, unha alternativa limpa, honrada e democrática que dende Galicia busque levar os problemas reais dos galegos alí onde sexa necesario. Un partido da Galicia real: nin boinas nin birretes, nin felipistas nin guerristas, nin upegallos nin beiristas: un partido de GALEGOS.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Cando recoñecerás por fin a túa ideoloxía? Por que non o dis abertamente? O nacionalismo é unha opción válida para moita xente, aínda tendo en conta todas as desventaxas coas que se xoga nesta "democracia" que nos educa no bipartidismo simplista e uniformizador que non ten nada que ver coa realidade plurinacional ou se prefires pluralista que conforma este estado que lle chamamos España.
Quen mellor que nós vai defender todos os atrasos que tan ben sinalas para Galicia?
Cando algún deputado dos dous grandes partidos se saiu do guión e fixo algo por esta Terra?
Cando teremos en Galicia un PSdeG como o PSC Catalán? Non te fai pensar nada iso?
Analiza a realidade con máis profundidade, non te quedes só nas formas. Pois si o Bloque é o que ti dis, quen é Pepe Blanco e cales son os seus méritos? Dos outros xa non digo nada, pois si aplicaramos a lei de partidos había que ilegalizalos.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Por certo non falo de Ventura, do obispo Paco Vázquez, ... da ministra de Fomento, da Espinosa, ... En fin ...