martes, 29 de enero de 2008

A entrada máis difícil

Boa tarde, amigos.

Hai momentos en que a vida te pon nun reto. Momentos nos que se nos golpea e que a dor te inunda. Momentos nos que aprecias como nunca o valor da familia. Cando a morte volve a aparecer preto de un, co seu desgarrador quefacer. Cando se leva a unha persoa cercana e querida. Cando se leva ó meu avó.

Non pretendo facer unha elixía. Somentes quero adicarlle unhas palabras, pois creo que llas debo. Non polo feito de ser o meu avó, senón por ser a boa persoa que era e o orgullo que sinto moi dentro pola súa enteireza, a súa lucidez e algo que o honra sobremaneira, a súa integridade.

Dende o mércores pasado, decenas e decenas de persoas que se teñen achegado a min e a miña familia me repetían as mesmas palabras: sobór de todo era bo, sen distincións, sen exclusións, sen diferencias. Persoas que se emocionaban comigo por detalles compartidos con él que serán imborrables.

Por suposto dende o meu punto de vista de neto, os recordos son moitos máis, e a emoción que se sinte é maior. Son consciente de que él era o meu maior "fan" e que ben seguro que asistiría se poidera á presentación do meu Proxecto Fin de Carreira, en primeira fila. Cantas veces se ten emocionado comigo en cada paso acadado na miña carreira. Cantas veces me leva abrazado cando chegaba os venres á casa, feliz de verme de novo. Cantas veces leva presumido de min, de ter un neto "case enxeñeiro". Pero hei de dicir que aínda que non poda estar comigo nese momento, o proxecto perténcelle, pois sen o seu alento sería imposible.

Dende logo teño máis recordos, de 23 anos de momentos inesquecibles. Moitas anécdotas, lecturas compartidas de xornal, longos paseos, visitas á parada do taxi, demasiadas como para non sentir que levo un pedazo del dentro de min. Dende as partidas de xadrez que xogabamos ata as conversas na cama do hospital, sempre con algo interesante que contar.

Por todo isto, todo o resumiría nunha frase, un propósito persoal, dende o cariño e o orgullo,

Ogallá algún día poda ser coma tí, Belesar.