Bo día,
Falando de metafísica poderemos aproximarnos por un terreo un pouco embarrado e moi incerto. Pero o tema non é falar de causas de santos senón dos seus representantes mortais aquí a abaixo.
Poderíase facer un relato máis ou menos escabroso da historia da Igrexa Católica (e apostólica e romana...), dende a queima de científicos por parte da Inquisición á negación do xenocidio nazi (jejeje, cun ex-nazi de papa!!!), pero creo que non é o camiño. O camiño é explicar as razóns do control social que a Igrexa exerce de forma impune nun país "oficialmente" aconfesional.
A Igrexa foi durante séculos unha institución con dúas caras. Mentres a súa doutrina predicaba o amor, respecto polos demáis e a pobreza, a xerarquía vivía na opulencia e servía de instrumento do poder para controlar ás masas a cambio de prebendas. Esta dobre moral aínda se ve nos nosos días, con contradiccións impropias desta sacrosanta institución. E tamén siguen a percibir as prebendas.
Os curas predican contra o uso do preservativo, as relacións prematrimonais, os matrimonios homosexuais e o sexo en xeral, cando moitas veces resultan ser os principais clientes de locais certamente inmorais. Predican pobreza, cando son uns verdadeiros terratenentes, especuladores de solares urbanos, gastando os cartos nunha emisora de radio neocon que clama á violencia e á desorde civil. Reciben miles de millóns de euros do erario público e gozan de vantaxes fiscais para poder gastalos en fletar autobuses e manifestarse en Madrid. Controlan a moral dos católicos, obligándolles a contar segredos a un mortal baixo pena de queimarse no inferno toda a eternidade.
Creo que a estas alturas da Historia, pasados vinte séculos do nacemento dunha persoa "especial" (na mesma Palestina que hoxe se desangra baixo balas sionistas), podemos desprendernos da pesada carga que supón a Igrexa. Non precisamos que se nos tutele, que se nos ensine o camiño a seguir, que nos amenacen con falsidades para que o poder esté tranquilo. Podemos e queremos exercer a nosa liberdade, coa única premisa de non interferir na liberdade allea. Como dicía un gran estadista morto logo da "Cruzada de Liberación", Manuel Azaña: "España ha dejado de ser católica"
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada