domingo, 30 de diciembre de 2007

A Carta que nunca escribin

Querida Descoñecida:

Dado que te teño bastante esquecida e dende logo non te mereces tal deprecio, pídoche aceptes as miñas desculpas por non escribirche antes. Tes razón en que a miña vida é complicada e que me centro demasiado no meu, e que iso non che gusta, pero prométoche de de agora en diante procurarei terte máis en consideración.

A verdade non teño moito que contarche dende a última vez que nos vimos, aquel día que nunca ocorreu. Dende logo foi unha das mellores noites da miña vida, e recoñézoche o acerto no ben que o organizaches todo. A sorpresa que me levei cando me viñeches a buscar á miña casa téñoa gardada dentro, con toda a gratitude. Non sabía que te atopabas en Cidade, pois pensei que seguías de viaxe, pero tiña unhas ganas de verte... No restaurante Inexistente atendéronnos dun modo exquistito e o sabor dos pratos tampouco desmereceu, ainda que a estrela da noite eras tí, pois os teus ollos brillábanme máis que a cubertería de prata. En fin, que xa me coñeces, e cando che escribo déixome levar pola poesía, non podo evitalo.

Foi unha sorte que ó día seguinte non tivera que traballar, e poideras quedarte toda a noite comigo. Ben sabes que me gusta moito que raches coa túa presencia a monotonía do meu fogar e a soidade que ás veces me invade cando volvo logo dun día interminable. A túa presenza ó meu carón sempre me deu forzas para aguantar o choio, a pesar do imbécil do xefe que me ten farto, pero diso non quero falar. Non quero estropear unha carta mentando a quen non existe...

O caso é que eres incrible. No cansanzo da mañá seguinte e abrazado a tí, o meu sorriso ten título de propiedade, e é teu. Parece coma se tiveras conexión directa comigo e me entenderas dun modo perfecto. Agardo con impaciencia que volvas de onde te atopes e poidamos de novo vernos a diario. Sen tí, para qué negalo abúrrome máis e síntome incompleto, que cousas... Dende aquel día ficticio que nos coñecemos somos inseparables.

Agardo que me contestes, ou me volvas a sorprender. Espero que che chegue a carta sen problemas, pois a túa dirección imaxinaria deume algún que outro problema en correos en outras ocasións, pero creo que eran eles, que non querían traballar.

Recibe un bicazo e unha forte aperta, dun que te extraña e desexa que aparezas de novo ainda que non sexas tí.

Fdo. Daniel

miércoles, 26 de diciembre de 2007

La maldición de la hoja en blanco

Buenas noches,

A veces a uno la inspiración lo devora con saña, y la pluma (mejor dicho el teclado) se desliza sola sobre el papel, sin necesidad de empujarla con fuerza. Otras veces, en cambio, parece que el cerebro trabaja con pocas ganas, y los temas no le surgen a uno todo lo que deberían.

Así que de un cuento de navidad paso a relatar los dilemas que éste que escribe vive a diario cuando pretende escribir. Es lo que yo denomino la maldición de la hoja en blanco. Me pasa de forma contínua en mi vida, no solo en este confesionario. Lo más difícil de un examen es comenzar a escribir las respuestas, aunque sepas que son correctas. En un trabajo académico cualquiera, aunque los datos estén sobre la mesa y las ideas en claro, el proceso de plasmarlas
es lo más difícil (imaginadme a mi con un Proyecto Técnico y un Proyecto Fin de Carrera que habrá de entregar a medio plazo).

Hay gente que me dice (no sé si siendo del todo sinceros) que les gusta lo que escribo. Otros que me muestro demasiado visceral a veces. Para algunos directamente soy un peligroso fassssssssista (jejejejeje, te olvidaste de alguien ayer, Juancas). Puede ser que todos de alguna forma tengan su parte de razón, pero que sepan que eso que escribo es lo que mi pluma me dicta. Y la pluma es para mi siempre la voz de mi conciencia. Y estas líneas son para mi el aliviadero de mi conciencia, donde desahogo mis pensamientos y doy rienda suelta a mis reflexiones.

Nada está improvisado. Nada está descuidado. Todo, cada coma, cada palabra, cada metáfora, están ahí porque sí, porque yo quiero. Esa es mi labor, la de un fanático del texto escrito que no se puede callar.

domingo, 23 de diciembre de 2007

De amores e dignidade

Boa noite,

Hoxe falarei dun tema un pouco extraño para min. Destas cousas de amores non me gusta comentar, non sei se por secretismo ou por escaldamento. O caso é que o amor sempre é un estado de alteración, de desequilibrio, e ainda que algúns desfrutemos de vez en cando del como se dunha droga se tratase, hai que ter en conta que como tódalas drogas pódese rematar enganchado.

Hai algúns que pensamos que o amor crea un tupido (estúpido, tal vez) velo diante dos ollos que nos fai ver ó ser amado como algo ideal, algo falso certamente e moi perigoso. Este velo vai perdendo co tempo a súa opacidade, pero hai xente empeñada en coller unha brocha e intentar oscurecelo de novo, de intentar vivir unha ilusión irreal que pode rematar en autodestructiva.

Un que lles fala viviu iso. Viviu unha fantasía durante un tempo, unha fada que case remata en traxedia de non ser pola sorte que teño de contar preto cunha familia esperta. Viviu unha perda total de dignidade coa confianza de recuperar un pasado xa perdido. Viviu unha serie de públicas humillacións co único fin de compensar unhas nonseiqué débedas de amor. Viviu unha mentira como se fose real e a piques estivo de pagala moi caro. ¿Merece iso a pena? NON.

Iso non quita de desfrutar do ser amado. De recoñecerse íntegro e pleno nos brazos doutra persoa. De vivir un latexar incontible cando o outro está preto. De rirse da vida porque se sinte afortunado. Deses nervios tontos que corroen a un cando ela se retrasa. Das lágrimas, dos bicos, das cartas, do contacto, do calor, da vida en sí.

Pero iso pode facerse sen estar cego e xordo e podemos darnos conta de cando sen nós querelo, estamos a ser utilizados. Un lema: unha persoa sen dignidade non é unha persoa, é un escravo. Se con isto podo evitarlle a alguén o que eu xa vivin, xa merece a pena. Que así sexa.

jueves, 13 de diciembre de 2007

La vida según Dani

Este texto circula por internet como "La vida según Quino", aunque tal texto no le pertenece. Por lo tanto, a falta de padre, me apropio del texto, pues comulgo con él y lo bautizo con mi nombre. Va para todos aquellos que viven la vida como si fuera el último día.

LA VIDA SEGÚN DANI

Pienso que la forma en la que la vida fluye está mal. Debería ser al revés: uno debería morir primero, para salir de eso de una vez.

Luego, vivir en un asilo de ancianos hasta que te saquen cuando ya no eres tan viejo para estar ahí.

Entonces empiezas a trabajar, trabajar por cuarenta años hasta que eres lo suficientemente joven para disfrutar de tu jubilación.

Luego fiestas, parrandas, drogas, alcohol, diversión, amantes, novios, novias, todo, hasta que estás listo para entrar a la secundaria.

Después pasas a la primaria y eres un niño(a) que se la pasa jugando sin responsabilidades de ningún tipo.

Luego pasas a ser un bebé y vas de nuevo al vientre materno y ahí pasas los mejores y últimos nueve meses de tu vida flotando en un líquido tibio, hasta que tu vida se apaga en un tremendo orgasmo.

¡Esto sí que es vida!

martes, 11 de diciembre de 2007

De motivacións e prioridades

Boa noite,

Ó longo do último ano moitos de vós me fixestes a mesma pregunta, recurrente pero sinxela: ¿POR QUÉ COLABORAS EN ESF?

A resposta non é sinxela. De feito pode ser múltiple. Nun principio penso que me poderon as ganas de facer algo útil co meu tempo libre e de coñecer a xente nova. Nun ano sen moitos agobios e comezando unha nova vida precisaba algo máis que a rutina de sempre. Precisaba algo que me enchese e me fixera sentir realizado.

Dende o comezo entrei nun grupo un pouco especial: o de administración e tesourería. Non parece o lugar que máis motive a un voluntario, pero nel atopei un cometido ameno, que me gusta e que me fai sentir útil. O problema de todo isto é que te acabas facendo imprescindible, e iso non é bon para a asociación no seu conxunto. A economía en xeral e a contabilidade en particular gústanme.

O único que en certo modo me pesa é a falta de coincidencia entre os ideais de ESF e os meus. Creo que a miña forma de ver o mundo pode chocar con eses principios que axudo a cumplir. Todo esto que se mostra nestas liñas que escribo de cando en vez e que constitúen a miña ideoloxía, en constante evolución pero permanente na súa esencia. Cando xente coma min pode traballar dese xeito penso que algo falla.

Agora, pasado xa un tempo e vendo no horizonte a fin da miña vida de estudiante, pode ser que teña que dar o relevo a outros. É o momento de formar a quen me suceda e de poñer as cousas en limpo para non provocar máis traballo do que un mesmo asume. Vendo que xa hai xente ó teu cargo (no que a responsabilidades se refire) as satisfaccións cambian. Hoxe mesmo frases como: "eres coma meu pai traballando na súa empresa" ou "eres quén de levar a contabilidade dunha PYME" danme a entender que teño unha débeda con ESF. ESF formoume. ESF entreteume. ESF axudoume.

Espero que todo isto sirva para respostar á "sinxela" pregunta. De por qué me paso horas e horas facendo o que me guste e o que me enche. Do que me fai feliz.

sábado, 8 de diciembre de 2007

De políticos e meretrices

Boa noite,

A teoría social da política éche ben puñetera. Parece ser que cada catro anos lévannos a elexir uns representantes nun foro (Congreso, Senado, Parlamento, Concello ou o que sexa) e que independentemente de siglas e disciplinas defenden os intereses dos seus representados. Certamente, na miña humilde condición de representante dos meus compañeiros na Xunta de Escola da ETSECCP e no Consello de Departamento do DMMR tentei sempre axustarme a iso, sabendo que en minoría se non dialogas e transixes un pouco tes as de perder, pero nunca se me ocorrería o que se lle ocorreu ós representantes do BNG en Madrid.

Dende o seu punto de vista, venderon os seus votos (pactando así pacece que foi a súa alma) para conseguir para Galicia o que tempo atrás era imposible. Dende o meu, prostituíronse. E bastante barato certamente, porque invertir a posibilidade de reprobar á Ministra de Fomento máis nefasta da historia para a nosa terra a cambio de 51 m€ e unha merdiña de transferencia equivale no mundo do lenocinio á Casa de Campo.

Creo eu que os nosos en Madrid, por desgracia, divídense en dous grupos. Uns din o que quere o seu líder nacional sen pensar siquera que votan contra os seus intereses como galegos. Outros eríxense en defensores da patria e ensinan como trofeo unhas migallas obtidas a cambio da nosa honra. ¿Dádesvos conta que Galicia votou a favor de malena? Corolario: mexan por nós e sabéndoo sobórnannos para que digamos que chove.

Ainda que parezan seres despreciables para a camarilla da corte, teño certa envidia dos nosos colegas vascos e cataláns. Eles sí votaron en consecuencia. Uns en contra polo desastre que lles formaron (as presas por inaugurar obras xa se sabe) e outros a favor polo acelerón que viron as obras do seu AVE. Nós sen embargo decidimos aplaudirlle a unha ministra que se riu de nós, parou o AVE en canto entrou no ministerio, aínda non rematou de redactar os proxectos para o que falta e reduciu as características do noso tren por simple ratería.

Se o irmán Daniel do que algúns tanto falan estivera alí e non estes vendidos o noso orgullo como galegos estaría limpo. Coidadiño, que destas putas só se pode esperar máis putadas.

sábado, 1 de diciembre de 2007

Orgullo masculino (o novo machismo)

Boa noite,

A idea para o artigo de hoxe veume de casualidade. Normalmente os temas que teño que tocar aquí están xa moi larvados no meu maxín (e éste non é unha excepción), pero recoñezo que apareceu un pouco de forma inesperada.

Cando ía pola rúa camiño da piscina, levaba o meu iPod, soando Rammstein para máis concreción. A verdade que a este grupo alemán non lle faltan críticas de xente ignorante e aburrida que os acusa de neonazis e cousas polo estilo. ¿E por qué? Pois porque cantan en alemán, cun acento esaxeradamente alemán e unhas cancións do chamado "rock industrial" a verdade bastante chamativo para mentes baleiras. O caso é que Alemaña aínda a estas alturas non se dá quitado de enriba o sentimento de culpa pola IIª Guerra Mundial e o holocausto xudeu, e todo o que soa a alemán está mal visto. Pero Rammstein resístese a que por uns poucos dirixentes se estigmatice a todo un pobo por uns feitos afortunadamente pasados.

Pois o mesmo pasa hoxe con nós, os homes. ¿Teño acaso que pedir perdón por ser home se un desgraciado que non merece vivir maltrata á súa muller? ¿Teño que avergoñarme acaso porque un ser que non merece ser chamado persoa mate á súa compañeira? Pois por suposto que non.

A día de hoxe parece que ser home é malo, POIS NON. ¿Por qué hai xente que se sinte orgullosa de dicirse "feminista" (como algo positivo) e ser "machista" é ser malo? Señores, a "violencia machista" non existe, existe a violencia doméstica, ou mellor dito, existen uns seres repugnantes, con complexo de inferioridade, que non respectan a liberdade da súa parella e recurren á violencia. Iso non é ser machista, é ser un delincuente.

Pero, ó igual que Israel vive das rendas do holocausto, certas persoas neste país viven das rendas da violencia doméstica. Falo de maltratos falsos, de denuncias por feitos inexistentes para conseguir vantaxes nos divorcios. Falo de falsos acosos para conseguir ascensos nas empresas. Falo de leis coma a de violencia de xénero (totalmente INCONSTITUCIONAL) que rompe o principio de igualdade ó castigar con diferente pena o mesmo delito en función do xénero. Falo de leis coma a de igualdade (totalmente INCONSTITUCIONAL) que rompe o principio de igualdade ó provocar listas electorais artificiais por basearse no xénero e non nos méritos do aspirante. Eu non creo en discriminacións positivas, por que unha discriminación positiva implica directamente unha negativa, e eu non estou disposto a que unha muller me quite por exemplo un posto de traballo só polo feito de selo. Que demostre que é mellor ca min coa súa valía e os seus méritos e non co seu sexo, porque de non ser así é unha INXUSTIZA DE LEI.

En cousas coma esta sinto verdadeira vergoña, si. Vergoña allea polo que maltrata, pero máis vergoña allea se cabe polas aves de carroña que sacan réditos propios sobre os cadáveres alleos. Para eles este artigo, pero tamén para os que estamos chamados a parar este atropelo, os bos MACHISTAS.