sábado, 8 de diciembre de 2007

De políticos e meretrices

Boa noite,

A teoría social da política éche ben puñetera. Parece ser que cada catro anos lévannos a elexir uns representantes nun foro (Congreso, Senado, Parlamento, Concello ou o que sexa) e que independentemente de siglas e disciplinas defenden os intereses dos seus representados. Certamente, na miña humilde condición de representante dos meus compañeiros na Xunta de Escola da ETSECCP e no Consello de Departamento do DMMR tentei sempre axustarme a iso, sabendo que en minoría se non dialogas e transixes un pouco tes as de perder, pero nunca se me ocorrería o que se lle ocorreu ós representantes do BNG en Madrid.

Dende o seu punto de vista, venderon os seus votos (pactando así pacece que foi a súa alma) para conseguir para Galicia o que tempo atrás era imposible. Dende o meu, prostituíronse. E bastante barato certamente, porque invertir a posibilidade de reprobar á Ministra de Fomento máis nefasta da historia para a nosa terra a cambio de 51 m€ e unha merdiña de transferencia equivale no mundo do lenocinio á Casa de Campo.

Creo eu que os nosos en Madrid, por desgracia, divídense en dous grupos. Uns din o que quere o seu líder nacional sen pensar siquera que votan contra os seus intereses como galegos. Outros eríxense en defensores da patria e ensinan como trofeo unhas migallas obtidas a cambio da nosa honra. ¿Dádesvos conta que Galicia votou a favor de malena? Corolario: mexan por nós e sabéndoo sobórnannos para que digamos que chove.

Ainda que parezan seres despreciables para a camarilla da corte, teño certa envidia dos nosos colegas vascos e cataláns. Eles sí votaron en consecuencia. Uns en contra polo desastre que lles formaron (as presas por inaugurar obras xa se sabe) e outros a favor polo acelerón que viron as obras do seu AVE. Nós sen embargo decidimos aplaudirlle a unha ministra que se riu de nós, parou o AVE en canto entrou no ministerio, aínda non rematou de redactar os proxectos para o que falta e reduciu as características do noso tren por simple ratería.

Se o irmán Daniel do que algúns tanto falan estivera alí e non estes vendidos o noso orgullo como galegos estaría limpo. Coidadiño, que destas putas só se pode esperar máis putadas.

2 comentarios:

Tito dijo...

E logo non reprobar á ministra significa estar de acordo con ela? Ou por non reprobala xa non podemos criticala polo que fai en Galicia. Cambiaría a política de Fomento con Galicia por reprobala? Eu penso que os nosos deputados fixeron desta vez o que debían. Non é só os 50 e pico millóns, senon tamén desbloquear o traspaso de competencias que levaban xa moito tempo paradas ou negándose.
Efectivamente temos que parecernos aos cataláns e vascos, que sempre xogaron á Política en Madrid defendendo os seus intereses como pobo. Eu quero que os meus deputados tamén fagan eso. Non hai ningún problema en reivindicar hoxe xa o cumprimento dos prazos do AVE con Galicia.
Outra cousa sería facerlle o xogo ao PP e eso si que non.
Sinto verte tan desenfocado (ou eso penso, con todo respecto). Un saúdo.

Tito dijo...

Por certo, se o irmán Daniel estivera aquí, asegúroche que votaría como fixeron os deputados do BNG. Despois daríalle estopa á ministra para que espabilase, que non fondo é o único que se conseguiría reprobándoa. Nada máis.