Boa noite,
Ó longo do último ano moitos de vós me fixestes a mesma pregunta, recurrente pero sinxela: ¿POR QUÉ COLABORAS EN ESF?
A resposta non é sinxela. De feito pode ser múltiple. Nun principio penso que me poderon as ganas de facer algo útil co meu tempo libre e de coñecer a xente nova. Nun ano sen moitos agobios e comezando unha nova vida precisaba algo máis que a rutina de sempre. Precisaba algo que me enchese e me fixera sentir realizado.
Dende o comezo entrei nun grupo un pouco especial: o de administración e tesourería. Non parece o lugar que máis motive a un voluntario, pero nel atopei un cometido ameno, que me gusta e que me fai sentir útil. O problema de todo isto é que te acabas facendo imprescindible, e iso non é bon para a asociación no seu conxunto. A economía en xeral e a contabilidade en particular gústanme.
O único que en certo modo me pesa é a falta de coincidencia entre os ideais de ESF e os meus. Creo que a miña forma de ver o mundo pode chocar con eses principios que axudo a cumplir. Todo esto que se mostra nestas liñas que escribo de cando en vez e que constitúen a miña ideoloxía, en constante evolución pero permanente na súa esencia. Cando xente coma min pode traballar dese xeito penso que algo falla.
Agora, pasado xa un tempo e vendo no horizonte a fin da miña vida de estudiante, pode ser que teña que dar o relevo a outros. É o momento de formar a quen me suceda e de poñer as cousas en limpo para non provocar máis traballo do que un mesmo asume. Vendo que xa hai xente ó teu cargo (no que a responsabilidades se refire) as satisfaccións cambian. Hoxe mesmo frases como: "eres coma meu pai traballando na súa empresa" ou "eres quén de levar a contabilidade dunha PYME" danme a entender que teño unha débeda con ESF. ESF formoume. ESF entreteume. ESF axudoume.
Espero que todo isto sirva para respostar á "sinxela" pregunta. De por qué me paso horas e horas facendo o que me guste e o que me enche. Do que me fai feliz.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada