miércoles, 21 de noviembre de 2007

Incertidume

Boa noite,

Sei que non son horas moi propias para que un se poña a escribir, pero quedoume do día de hoxe un sentimento especial que quero compartir. Algo que titulei como incertidume, pero creo que o término non reflexa toda a profundidade que debe.

Será unha mestura de presente, pasado e futuro. Unha serie de pulsións contrapostas, de incerteza sobre o correcto, sobre o acertado e o erróneo. Debe ser que un co paso dos anos, asumindo responsabilidades, tamén perde un pouco a noción do que está a pasar coa súa vida e do que finalmente queira facer con ela. O caso é que me atopo nunha bifurcación no camiño, e se ben creo que sei a opción correcta teño medo de fallar ou de que simplemente a opción correcta esté disfrazada detrás da aparentemente incorrecta.

Espero que acerte ou falle, non me arrepinta de facer o que faga. Que mentras me equivoco o disfrute. Que perciba o que pasa ó meu redor sen caer na conta demasiado tarde. Que se vaia o peso da alma cando un se sabe inxusto (con alguén) e/ou inxustamente tratado (tamén por alguén) por cousas do pasado. Que aquel que lea isto saiba ver entre liñas o que non podo escribir pero expreso sen freo tódolos días. Que a vida me trate se cabe un pouco mellor do que agora me trata. Que un Dani que existiu algún día volva de novo. Que a MIÑA VICODINA alivie as dores do corpo e da alma.