sábado, 24 de noviembre de 2007

Cidadán Borbón

Ola a todos,

Ainda que ven con retraso non quixera deixar de comentar o famoso incidente. Máis que incidente diría conflicto buscado e larvado que estalou dunha vez por todas nun Cumio en Santiago de Chile.

Nos últimos 15 días vertéronse multitude de artigos máis ou menos periodísticos sobre o tema, pero case todos cun denominador común, o de alabanza ó noso Xefe de Estado por colocar no seu sitio a un suposto cabecilla dun "réxime chavista". O caso é que salvo honrosas excepcións (saliento aquí a de Iñaki Gabilondo) ninguén dixo que o que se pasou foi el-Rei, deixando á nosa diplomacia co cú ó aire e colocando unha peste neocolonialista sobre a mesa de reunións.

Esto lévame a reflexionar acerca de dous temas: por un lado o excesivo poder que el-Rei ten, e por outro a idiotez absoluta que temos aquí adorando a un cidadán que o único que ten de especial é que foi designado por Paquiño de Ferrol (sí, Franco).

Sobre o primeiro quedou demostrado o poder que en política exterior ten este home. Un poder de deixarnos ós españois como maleducados e protectores de nonseiqué valores en América Latina. Pero o que me preocupa máis é que este cidadán tamén é comandante en xefe dos exércitos, pode disolver ás cámaras, cesar ministros e mesmo presidentes do goberno, e mesmo outorga títulos universitarios (alguén que non ten siquera carreira). Podemos deixar o poder en mans dun tío analfabeto e incapaz, pero ca gran razón de que é fillo de rei. ¿Poden as razóns de cuna prevalecer sobre a vontade popular en pleno século XXI?

Outro tema é a gran adoración e omnipotencia que ten el-Rei nesta idiotizada sociedade. Hai un velo absurdo sobre o tema da monarquía e a república vergonzoso. Un país avanzado, pioneiro en temas como o matrimonio homosexual ou a atención a dependencia (deixando de lado leis inconstitucionais como a lei contra a violencia de xénero ou a de igualdade), non admite en absoluto que se fale de que os cidadáns podan escoller cos seus votos o titular da Xefatura do Estado. Deben crer os nosos políticos que igual somos uns críos e que non somos quén de ter ese poder. Pois non. Eu quero poder ser Xefe de Estado ¿por qué non? ¿Qué ten Felipe que eu non teña? ¿Ten un Rh diferente, como din certos fascistas vascos? ¿é máis intelixente por vía xenética por ser da familia Borbón, como dicía dos fillos dos alcaldes certo personaxe ourensán? Maduremos e déixennos decir o que pensamos, e non adoremos de forma gratuíta a un cidadán igual que os demáis, sí IGUAL.

Maduremos, sociedade. España, déixate de complexos e comeza dunha ver a gobernarte por tí mesma, sen salvapatrias nin protexevalores espúreos. MADURA, ESPAÑA.