jueves, 18 de octubre de 2007

I´m 982

Ola a todos!

Dende facía moito tempo tiña ganas de escribir algo novo, diferente. Como os meus lectores saberán este verán estiven a traballar nunha localidade preciosa, cunha xente marabillosa, Baamonde, sita no concello de Begonte, na Terra Chá. Eu, que me criei en Chantada, máis ó sur, non tivera a ocasión de coñecer esa zona.

O caso é que pensando, cheguei á conclusión de que os lucenses somos afortunados e debemos estar orgullosos da nosa terra. Como tódolos galegos temos un certo complexo de inferioridade que evita unha sincera satisfacción pola nosa orixe.

Podemos fixarnos en mil exemplos: dende as costas da MARIÑA ás montañas dos ANCARES. O viño de CHANTADA e o queixo da ULLOA. Somos os pais do Miño, en MEIRA. Da fertilidade dos campos da TERRA CHÁ, o canón do Sil en QUIROGA e as paisaxes da FONSAGRADA. A historia da TERRA DE LEMOS, o camiño da Santiago por SARRIA e como, non, a muralla de LUGO.

Temos historia, temos presente e temos futuro que compartir con todos. Temos boas xentes con iniciativa e ganas de traballar, voluntariosa a afable.

Somos tanto ou máis que os demáis, e por eso vos digo amigos...

¡¡¡ I´m 982 !!!

2 comentarios:

pili dijo...

Acabo de vir dos viños en Lugo cidade, que quizais é outra das marabillas dignas de ser citadas na túa lista. E, coa lingua algo desatada, podo dicir que I'm 982 tamén!!

bolboretiña dijo...

ola!!
Nunca me queixei de ser Galega e moito menos chantadina.Gústame galicia, porque o que realmente a describe é a súa cor verde, o frio e os días de hoiva que na miña opinion son fermosas.Paréceme unha tontería que a xente pense ou diga que somos inferiores,pero creoq ue en realidade non sabe o que está a decir.Eu coma ti querido, amigo, crieime nunha aldea de Chantada, agora dixeino, e trasladeime o pobo, perro non hai un día que deixe de pensar o fermoso que era aquel lugar.
Son moitas as cousas que describe galicia e a comarca de lugo que é marabillosa.Dende aqui digoche, que com chantadino que es, pásate algunha vez polo pobo de pesqueiras, cada lugar dese pobo ten algo especail, os seus habitantes os seus recunchos e unha igresia veña, que moitos recordos nela vivin.
Fai 11 anos que marchei de ali.. pero non podo deixar de decir.. que e preciosa.
un abrazo amigo.
deixame decir a min dende o meu dia a dia
I´m 982