miércoles, 24 de octubre de 2007

24 de outubro

Ola xente!!!

Paréceme obrigado a estas alturas da xornada de escribir algo. Máis que nada porque tal día coma hoxe fai 23 anos comecei a habitar sobre este mundo. Coma sempre, non podo evitar acordarme ante todo da familia, a que lle debo tanto. Sobór de todo ós meus pais, que me trouxeron a este mundo, con máis ou menos dificultade, pero sempre con todo o amor e dedicación.

Non sei polo qué, pero hoxe teño un día destes de balance. Parece que ó ver un ano máis na idade péchase o exercicio e ábrese outro, e hai que facer unha recapitulación. O caso é que sempre saco conclusións interesantes dun ano de experiencias, pero que no fondo non sirve para nada, xa que sempre se volven a cometer os mesmos erros (por sorte ou desgracia...).

Creo que neste ano conseguín por fin comezar a preocuparme polo realmente importante e deixar de comerme o tarro con estupideces. A Escola xa se convertiu nun lugar de oportunidades e non de agobios tontos (seguro xa sabedes ó que me refiro). Co Proxecto Técnico en marcha parece que todo se simplifica e que a presión desaparece. Ademáis xa cunha pequenísima experiencia na obra puiden ver que máis alá da Escola si que se premia a intelixencia, a lucidez e a capacidade de improvisación e non a inutilidade do que leva matrículas a base de horas de chapatoria pero que non sabe o seu lugar no mundo. Parece que xurde entón unha saída que antes non tiña nada clara.

Tamén fago memoria e me acordo de momentos inolvidables ó longo destes 12 meses. Non podo agora dedicar unhas liñas a toda a xente que coñecín, aprecio e das que aprendín moito, simplemente porque me olvidaría seguro de moita xente importante (e non quero enfadalos). Que todos se inclúan entón con esta breve reseña.

En fin, deixándonos de pasteladas, pido que vos xuntedes comigo, emprazándonos para hoxe nun ano!!!

1 comentarios:

bolboretiña dijo...

ola amigo!!
moitas felicidades, por eses anos cumplidos.
Que a túa vida estea chea de desexos, e de proxectos que se cumplan.
un bico
coidate