Boa noite.
Xa no mes de maio, creo eu, anunciei os meus inicios no mundo da obra. Inceiblemente conseguín convencer a xente de Recursos Humanos de DRAGADOS para que me fixeran un oco nalgunha obra e por riba que me pagaran por iso. Así que dende o día 4 de xullo fago que traballo nun tramo da autovía A-8, Baamonde-Abeledo. E a pesares de que teño acceso a esta fiestra dende a propia oficina nunca deleitei ós meus pacientes lectores cos meus avatares a pe de tajo. Por iso e porque me quedan 3 Telediarios na mesma, gustaríame suliñar a todos aqueles que en maior ou menor medida me acompañaron nesta experiencia.
Debo destacar sobre todo ó meu compañeiro de camiñatas pola obra e principal instructor, como enxeñeiro en formación D. Antón Laxe, ó que lle debo moito. Comezando dende arriba están o xefe de obra, Alfonso e o xefe de producción, Tino, ós que agradezo a paciencia de ter a un novato correteando pola oficina. Tamén hai que mencionar á xente de Oficina Técnica, Eduardo, Miguel e Santi, que me acolleron os primeiros días e me libraron da apaixoante tarefa de lerme os 42 tomos do proxecto coas primeiras e sinxelas ocupacións que me proporcionaron. Como olvidar tamén ó xefe de calidade, seguridade e saúde e medio ambiente, Sacristán, por proporcionarme o material necesario para pisar obra sen riscos para a miña existencia e por inventar o famoso "Combinado Sancristán" (probádeo que merece a pena). Os primeiros en recibirme e guiarme, a xente de administración, Miguel e Chema. O equipo de topografía: Juan, Antonio, Darío e Fran, que foron os primeiros que me levaron á obra e que gracias ós seus vehículos me libraron de moitos quilómetros un ratiño a pé e outro andando.
Ata aquí a xente da oficina, pero está tamén a xente da Asistencia Técnica, que tamén me acompañaron no periplo. Pepe Souto, Ramón e Miguel, de GRUSAMAR, que vixían que non fagamos ningunha trasnada e aguantan á dirección de obra (César G. Cordovilla) como ós que máis. Xa entrando nas subcontratas non me podo olvidar de Jesús Soto, o encargado de EXPANO, que nos proporcionaba dia tras dia os datos de movemento de terras e me facilitou a experiencia de ver a paisaxe que se divisa dende o alto dun dúmper CAT 773E de 50 t.
Destaco pola súa bondade, experiencia no traballo, sacrificio e bo facer ós verdadeiros executores da obra, os que moven as máquinas e dan o callo para que en poucos meses disfrutemos dun novo tramo de autovía. O encargado, Suso, e a tódolos outros: Muñoz, Pepe, Horacio, Antolín, Iván, Ángel, e moitos outros dos que non me acordo dos nomes pero sí da súa entrega e dedicación.
Fóra xa da obra un servicio de asistencia fundamental: a hostelería. A xente do Bar Pacios, do Mesón o Muíño, do Bar Kiwi (ai Uxía, canto botarei de menos o futbolín), o Bar Guerrero (qué dicir, mellor que o vexades vós, que está pretiño), o Restaurante Galicia (do famoso Xoán Corral) e o Restaurante Labrego (Sr. José Angel e Toñito en especial), que aliviaron a miña sede, a fame e me cargaron con un pouquiño máis de masa corporal da que tiña antes. As cañas cos seus respectivos pinchos valéronme a vida e os quilos.
Non sei se me olvido de alguén, pero creo que máis ou menos cito a todo o mundo. Despois de dous meses penso que a primeira obra é un pouco como o primeiro amor; nunca se olvida, e cando nos meus viaxes dende Chantada á Coruña pase pola autovía, vexa ese desvío para a nova A-8 e a continuación a saída a Baamonde sentirei que eso que está construído tamén me pretence en parte.
2 comentarios:
Este é o tipo de artículo que me gusta. Cando se escribe coa parte positiva que un ten é moito mellor que coa parte irracional e irascible. Gustoume e ademais di moito.
A verdade é que me abraia a capacidade de sublimación que ten o querido don Daniel... será a vicodina? Xa sabes que por Baamonde agardamos impacientes a túa volta, sobre todo polo futbolín :P
Publicar un comentario en la entrada