Boas tardes
Despois dunha interesante tarde baixo o imperante sol de Baamonde City, unha boa ducha ó chegar a Lugo e un ratiño de relax desconectado do mundo (esos 5 minutiños en que un se queda en branco e procura somerxerse no máis absoluto dos silencios), un disponse a ler o correo electrónico. Xa de postos, un sige a ler a prensa. Coma sempre un mundo tolo que non para nin no último día do mes de xullo. Pero afortunadamente atopeime con algo que me despertou o sorriso e me lanzou a escribir.
Trátase dun estudio duns "investigadores" británicos na que se enumeran as supostas 257 razóns para ter sexo (con outra persoa, enténdase). A nova orixinal, por se algún ten a inquietude e controla english está en:
http://www.dailymail.co.uk/pages/live/articles/news/news.html?in_article_id=468586&in_page_id=1770
O caso é que que algunha resposta déixame abraiado. Aquí una mostra:
-Porque axuda a durmir
-Senta bien
-Reláxame
-Reduce o estrés
-Funciona contra a dor de cabeza (!!!)
-Paréceme un bon exercicio
-Para matar o aburrimento
-Para quentarme nunha noite fría
-Queimas calorías logo dunha cea pesada
-Dicen que rexuvenece
-Quería facer sentir mellor á outra persoa (jajajaja)
-Para satisface-lo meu desexo de vinganza
-Porque me sinto máis preto de Deus
-Porque o meu cónxuxe tamén o fai con outros
-Porque me gustou cómo baila (clases de baile XA!)
-Para comunicarme a un nivel máis profundo
-Desexo experimentar con máis parellas sexuais (!!!)
-Para baixarlle os fumes ó meu rival na oficiña
-É unha opción cando se acaba o Valium, o Prozac ou o Diazepam
-Contribúe á miña autoestima
-Porque me insistiu (esa é boa)
-Porque me excita grabar os meus propios videos porno (no comment)
-Pois xa é hora de ter fillos, ¿non?
-Para poder concentrarme no traballo
-Para obter unha promoción no traballo
-Para obter un traballo…
-Para olvidar (mal)
-Para recordar (peor)
-Porque me namorei (os románticos dirán que a mellor de todas)
Eu sen embargo reduciría bastante as razóns. Quedaríame en que dúas persoas pensen como o noso grande Celso Emilio Ferreiro e digan iso de:
"Porque si, porque quero, porque me peta, porque me dá a gana..."
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada