viernes, 27 de julio de 2007

Censura

Bo día.

A verdade que teño a gran fortuna de continuar sorprendéndome a diario, pois normalmente é unha agradable sensación. A sorpresa de hoxe é que ainda que a intranet de Dragados está capada para evitar perigosas páxinas web como http://www.elpais.com/ , http://www.lavoz.es/ ou mesmamente ver o teu correo electrónico en http://www.gmail.com/ , si podo escribir no meu blog. Cousas da vida, que parece que os encargados de manter a rede teñen un pouco de piedade de nós e nos permiten un pouco de ocio, ainda que se faga escaso. Noraboa, blogger, que conseguiches eludir a censura.

Falando de censura non podo evitar comentar a nova da semana, que non é outra que o secuestro de "El jueves". E digo censura porque me parece moi forte que unha portada tan inocua e unha sana crítica a un personaxe público levante semellante polvareda. Ademáis, ¿por qué temos a unha familia de intocables, por riba do ben e do mal? ¿por qué neste país se pode discutir de todo agás do federalismo-centralismo e da monarquía-república?

Ata países de tan fonda tradición monárquica como Inglaterra, Bélxica ou Holanda admiten unha sana crítica ós seus reis. Non pensan, como algún por aqui defende, que un gran motivo, como nacer duns pais un pouco especiais lle dé a unha persoa patente de corso para facer o que lle dé a gana. Como ben di o debuxante, o seu único traballo é perpetuarse polos séculos dos séculos.

En fin, que me quedou un artigo bastante ñoño. O que pasa é que estas horas da mañá a fame empeza a apretar e un non anda fresco para pensar algo mellor. Esperemos que tras un finde con actividade (dícese da Subida a Chantada) e un luns sen agobios á vista teña acendida a luceciña.