Boa noite.
Levo media tarde dándolle voltas e máis voltas á cabeza pensando nun tema interesante/escribible para poder continuar o blog, pero non había xeito. Ata que meu irmán me dixo que dous pobres incautos chantadinos ían meterse en Camiños e pedían a miña asistencia espiritual.
Nun primeiro momento recoñezo que me gusotu o "reto" de axudar a estes valentes, pero entráronme certas dúbidas. ¿Qué debo dicir? ¿Debo mentirlles algo, nada, todo? O primeiro que lle dixen ó meu irmán é que non son precisamente unha fonte obxetiva sobre a carreira. A min gústame e eso pesa sobre todas as consideracións que teña. Pero logo tamén fixen memoria do que me dixeron no seu día a min e a influencia que esos comentarios tiveron sobre o desenrolo dos acontecementos, e entroume certa vertixe e responsabilidade.
Despois de cinco anos alí teño sobre todo a sensación de ter perdido moito o tempo. E perdelo con maiúsculas. Ves que remata o teu período universitario, as empresas xa veñen a seducirte, e os créditos vanse esgotando e sen embargo non desfrutaches da carreira todo o que deberías. Esta é unha carreira tan pero tan apaixoante e un é tan pero tan ambicioso que se esquece por momentos de que é mortal e que os anos pasan inexorablemente. A vida que un leva é irrepetible e os 22 anos non volverán máis. Pero tamén hai que ver o lado positivo: o diagnóstico chegou suficientemente a tempo como para poder atallar a enfermidade. Como di Sergio ás veces parece que volvo ós 18 anos.
Así que mañá penso por suposto dicirlles a verdade. Dicirlles que hai seis asignaturas en primeiro, coas súas cousas boas e malas. Falareilles dos profesores, tamén coas súas cousas boas e malas. Direilles que non é unha carreira sinxela, pero que se pode sacar cun pouco de disciplina e sorte. Pero non me esquecerei de dicirlles que non aparten ó mundo no que viven, que se traballa para vivir e non se vive para traballar. É o que se esqueceron de dicirme fai cinco anos.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada