Tras 15 días de ausencia volve o blog de Herr Camiñas de novo. Os motivos foron varios: un desastroso exame de metálicas (2.5 me parece), un finde en Chantada arranxando toda a merda que veu da Coruña e un par de semanas traballando para DRAGADOS, pero con internet capado. Que lle imos facer!

O caso é que non se me ocorre o que escribir. Debe ser que me pasa o que últimamente, que me quedo sen palabras ou me penso demasiado o que dicir. A verdade o de pensar moito o que dicir pasoume sempre. Pero quedarme sen palabras diante dun papel é algo novo para min.
Esto debe ser que o folio da un tempo prudencial para pensar exactamente as palabras precisas que nunha conversación quedan moi mal. En cada punto e seguido podes facer unha pausa, correxirte se fai falla e rectificar. Por desgracia, unha vez que unha palabra sae da boca non hai volta atrás, xa quedou publicada, e ainda que a intención sexa boa sempre queda á boa interpretación do interlocutor. Eu sempre teño a boa intención, pero fáltanme os reflexos precisos para facer unha conversación fluída. Así resulta que un sempre tivo o medo de abrir a boca primeiro.
Pero para iso teño eu a miña vicodina: para falar todo o que queira para o que o queira escoitar e tendo todo o tempo do mundo para redactar, retractarse e correxirse sen que quede constancia. Unha boa ferramenta para os que temos moito que dicir.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada