Bos dias.
Hoxe erguinme cedo, a pesares de terme deitado tarde onte. A razón non lla podo atribuír ó meu masoquismo, senón a un exame de OGE que teño mañá luns. Así que decidín por unha vez facerlle caso ó despertador, ducharme, vestirme e saltar ás desertas rúas da Coruña dun domingo calquera ás nove da mañá para tomar o mellor café da cidade e un croissant do día. A esas horas xa me teño atopado de todo. Entre os que acaban de saír da casa e os que aínda non volveron xérase unha mistura moi especial, que lle dá a esas horas certo encanto.
Así que co libro de OGE baixo o brazo, collín El País como cada domingo e encamiñeime cara El Andén. Síntese unha atmósfera diferente e por unha vez oes o insólito son dos teus zapatos contra o chan, tan diferente do balbordo dun día de semana. E claro, nesas condicións a un invádelle a calma e non pode deixar de abstraerse un pouco da rutina do estudio da economía e a empresa. E sobre todo pregúntaste por qué as persoas o facemos todo tan complicado. Gastamos inxentes enerxías en trazar complexos plans para lograr nonseiqué obxectivos. E esto dase en tódolos ámbitos. Pero, en fin, parece que hai moita xente que se aburre unha barbaridade.
Remata a semana e atópome moi canso. Canso pero á vez cunha ilusión infinita no que fago. Resulta un pouco contradictorio, pero ó ver que se che abren as portas alá onde petas vólvese moi agradable. Ten iso certo perigo de empezar a considerarse invulnerable e a pasar un pouco dos posibles problemas que podan xurdir, pero creo que xa chegou por fin o MEU momento.
Estas reflexións parece que toman máis corpo se tes un bon café diante. Les a prensa e daste conta que tes moitísimos motivos para sentirte ben contigo mesmo. Tamén corroboras a túa idea de que a xente, aparte de aburrirse como dixen antes, tamén ten a virtude de facer estupideces a granel. Pero como dixo unha vez alguén (non recordo quen): "no te pasará nada maravilloso si no estás dispuesto a quedar como un idiota a veces".
Así que xa sabedes, xente. Non preocuparse e comezade a disfrutar un pouco do que cada día ofrece, que merece moito a pena. Nunca se debe olvidar que traballamos para vivir e non vivimos para traballar.
PD. Atopar publicidade inútil na caixa do correo, colillas no ascensor ou merda de can nas beirarrúas a algunha xente pode parecerlle que lle da un toque bucólico á cidade. A min non. ¡Un pouco de civismo, por favor!
1 comentarios:
Frase moi profunda esa dani, creada por un guionista de house, porque foi un dos seus ficticios pacientes o que a dixo.
Publicar un comentario en la entrada