miércoles, 20 de junio de 2007

Momentos

A noite, véxoa coma unha vella amiga que moitas veces me traiciona, me engana. Esa escuridade que crea esperanzas e tamén medos que se esvaen coma pantasmas. Menos mal que te teño comigo.

¿Quen eres ti? Non o sei. ¿Como viñeches onda min? Outra pregunta sen resposta, no medio de mil incógnitas que pululan pola miña alma. Quizais son un idealista, e por iso miro pola miña ventá e non me gusta este mundo. Pero téñote a ti para facerme ver que non todo é suciedade e odio, que queda un espazo aberto de felicidade, onde estamos ti e mais eu, sós.

Non preciso palabras. Só ver os teus ollos pousados nos meus e xa o sei todo. O seu brillo no que me vexo reflexado tantas veces, a beleza máis grande que un pode atopar. Ese par de pedras negras que te desnudan ante min.

Agora o entendo. Non pode haber lei física, nin ecuación que o poda describir. Nin sequera unha imaxe e mil palabras que consigan pintar este momento. Esa conexión especial que temo-los dous e noto cando aparece ese vermello nas túas meixelas e o meu sorriso na boca. E completo me sinto cando probo o zume dos teus beizos, e unha pel erizada que me di que tamén o notas. Si, é verdade.

E agora son un peón nas túas mans, que me empurran sobre o leito. ¡Que medo me das! Pero non me quero escapar de ti mentres estás sobre min. E ese xesto de compracencia que pós cando noto esa gota de suór correndo pola tua espalda ergueita. E o ruído da túa sonora expiración mentres pechas os ollos erguendo a cabeza e as miñas mans destrúen a pouca orde que queda nas sabas brancas.

Intento dicir algo, pero qué vou a dicir. Se ti sabe-lo mismo ca min. Non precisas escoitarme para mirar na miña mente, sempre aberta para cando queiras lela, pois ti coñeces moi ben o idioma no que está escrita. Ti escribes nela día tras día.

¿E que fago contigo? Sinto ese impulso dos amantes que queren fundirse nun só, ainda sabendo que non é posible. Pero no noso universo sí que o é, e xogando co teu pelo aprétote contra o meu peito, de onde non quero que te vaias. ¿Escoita-lo latexar? És ti que estas ahi, viva dentro de min.

Quedo mirando absorto o teito da sala, e ti compartindo comigo a almofada non deixas de mirarme, esa mirada tenra que me volve tolo.

E así adícome a pensar, mentres te quedas durmida abrazada o meu carón. Ás veces creo que son demasiado racionalista para tí. Ves as cousas con tanta ilusión... Por favor, non te contaxies do meu medo a que esta noite remate. Inxéctame un pouquiño da túa inocencia para poder ver con esperanza a luz dun novo día.

1 comentarios:

Rodrigo dijo...

Oi, achei teu blog pelo google tá bem interessante gostei desse post. Quando der dá uma passada pelo meu blog, é sobre camisetas personalizadas, mostra passo a passo como criar uma camiseta personalizada bem maneira. Até mais.