Bos días:
Hoxe sei que lle vou incomodar a lectura a moitos. Sei que moitos non comparten a miña forma de dicir as cousas. Moitos falsos progres que por ahi me acusan de ser case un neofascista. Xente que me di que son un intolerante e só porque non penso igual que antes.
É certo, camaradas, non penso igual que antes. Dinme de conta por fin que (aínda que sexa políticamente incorrecto) non todos somos iguais. É incrible que canta máis liberdade se lle dá ós cidadáns, máis estúpidos se volven. Antes tiña un concepto diferente da cultura, da universidade, dos que me parecían xente de respeto.
Por iso digo o que digo, amigos. De nada serve unha democracia se non existen cidadáns capaces e responsables, merecedores e formados para poder exercela. Polo que vexo dende a miña humilde perspectiva NON se cumple isto. Non temos cidadáns, senón borregos. Non temos titulados, senón analfabetos funcionais. Non temos políticos, senón corruptos. Non temos emprendedores, senón "trepas". Non temos xente ambiciosa, senón acaparadores. Non temos funcionarios, senón privilexiados do sistema. Non temos periodistas, temos demagogos. Así nos vai...
En fin, que todo é un desastre e como tal o reflexo. Pódese enmascarar todo o que se queira. Pode camuflarse, porque non interesa dicir que todos somos gilipollas. Unha sociedade moderna é aquela que é capaz de recoñecer os seus fallos e tenta correxilos. A pesar dos pesares aínda nos queda a esperanza.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada