Bos días:
Sinto moitísimo facer agardar ós meus queridos lectores, pero hai momentos da vida nos que os exames mandan. En concreto un exame de OGPO (anual, 9 créditos) precisaba toda a miña atención. Pero xa libre por un intre, morría por poñerme a escribir de novo. De feito estou a pensar que o nome que lle puxen o blog é moi acertado, porque para min a miña vicodina estase a convertir en todo un calmante para a vida diaria, e como bon opiáceo vólvese adictivo.
Hoxe teño que adicarlle o meu texto a un xenio da comedia, da traxicomedia mellor dito. Un paiaso que sae en tódalas televisións a diario e que ten miles de fans que lle rin as gracias e asisten ós seus espectáculos públicos. Todo un profesional do circo, pero que xa lle chegou a hora de entrar na gaiola (non se volveu domador, non). Falo de Arnaldo Otegui.
Rematou a farsa, cabaleiro. A todo porco (nunca mellor dito) lle chega o San Martiño, e no teu caso levabas moito tempo merecendo unha temporadiña á sombra. Espero que aproveites o lecer que che ofrecen os xuices para reflexionar sobre as trapalladas que soltas pola boca, que penses quen oprime a quén, quen son os mafiosos en Euskadi, cal é a opinión do "ámbito vasco de decisión", e se o pobo que dices representar prefire paz ou autodeterminación. Ti e os da túa calaña estivestes a tomarnos por parvos a tódolos que desexamos unha saída negociada, botástesnos ós pes dos cabalos (Aznares, Acebes, Zaplanas e cia) e agora non tedes a suficiente valentía para renunciar á violencia. Non, poñédesvos antes do lado das pistolas que do lado dos cidadáns, e sabemos o porqué: porque sodes uns cobardes.
Se che queda un mínimo de coherencia deberías solicitar a militancia ó partido para o que fixeches tanta propaganda, ó que lle deches tantos votos, o que preferides vós, os do canto peor mellor. Deberías meterte no PP. Pode que así sexas rehabilitado por certos círculos e sexas elevado ós altares. Pero mentres agardamos a ese día, aproveita os días que che quedan na cadea, faite o home de proveito que nunca foches e pecha a bocaza, porque cada palabra que pronuncias contamina máis o aire. AMÉN.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada